Ir al contenido principal

II XORNADAS FORMATIVAS SOBRE AUTISMO E FAMILIA






AMPLIAMOS PRAZO PARA ANOTARSE ATA O 8 DE FEBREIRO

No mes de Febreiro temos o gusto de poder contar con Anabel Cornago,  Rafa Suñer e con Francisco Prieto, para poder organizar unhas xornadas formativas, as segundas, sobre autismo e familia, prometen ser moi interesantes, serán durante a fin de semana do 18-19 de febreiro.


Anabel Cornago falará o sabado sobre a linguaxe e a súa estimulación  e o domingo sobre a teoria da mente nas persoas con autismo

Rafa Suñer pai e presidente de Conexión Autismo contará a súa experiencia e o seu traballo dun xeito ameno e sempre positivo.

Fran Prieto, monitor TAFAD de persoas con autismo falará do seu traballo con rapaces con TEA e de como o deporte é moi importante e se pode adaptar para calqueira.

LUGAR
 Salón Almirante do Hotel Méndez Núñez

HORARIO
Sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30
Domingo de 10:00 a 14:00

PREZO
SOCIOS DE CAPACES: 10 €
NON SOCIOS: 80 €
PERSOAS EN PARO: 40 €
ASOCIACIÓNS FEDERADAS EN AUTISMO GALICIA: 20 € (TRABALLADORES E FAMILIAS) 

 O final das xornadas daremos diplomas acreditativos de asistencia.

O prazo para inscribirse comeza hoxe 20 de decembro e remata o 8 de febreiro de 2017 

Para poder inscribirte cubre o seguinte FORMULARIO 


PRAZAS LIMITADAS 




Comentarios

Entradas populares de este blog

XORNADAS FORMATIVAS 30 DE SETEMBRO: CONDUCTAS PROBLEMÁTICAS NO ESPECTRO AUTISTA

    O próximo  sábado 30 de setembro  temos a xornada formativa  "Conductas problemáticas no espectro autista. Comprensión e estratexias prácticas de apoio á persoa e a súa contorna" , será impartida pola relatora  Marlene Horna , como xa tivemos o gusto de ter en moitas formacións nestes anos. Marlene é p sicologa colexiada, especialidade Clínica e Social. Máster en Atención Temperá. Diploma de Estudos Avanzados. Dende hai máis de quince anos traballa apoiando a nenos e adolescentes con TEA e as súas familias. Traballou na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela, como orientadora dun C.E.E.P.R. da asociación ASPANAES e, na actualidade, traballa de maneira particular e dentro da a Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da asociación BATA. Desenvolve a súa actividade apoiando a persoas con TEA nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade). Posúe unha ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institu

PROGRAMA "SERVICIO DE AXUDA E ASISTENCIA AS PERSOAS CON TEA" 2023

 Dende o ano 2017 temos asinado un Convenio de  colaboración coa Deputación de Lugo, onde atendemos ao programa de Axuda e asistencia ás persoas con TEA, e dende o 2021 temos actividades de ocio os sábados pola mañá, onde os rapaces e rapazas traballan a autonomía e tamén os xogos e interactúan entre eles, todo gracias a colaboración coa Deputación de Lugo, e co Concello de Lugo ao ter oportunidade de usar o salón de actos e tamén o se usos múltiples na casa das Asociacións María Mariño, onde organizamos as actividades coa empresa Ludus Tempori. Este programa é totalmente de balde para os socios, tendo prazas limitadas. Aquí deixamos algunhas fotos das actividades.

PROGRAMA "COIDAR AO QUE COIDA"

Hoxe é 2 de abril e queremos informaros dun novo programa que imos a poñer en práctica este mes de abril, facémolo en común con Carmen Moreno Merino, psicopedagoga e experta en atención temperá e educación especia, ten formación en evaluación de TEA e máis de 10 anos de experiencia en intervención con nenos con Trastorno do espectro autista, esta vez non se trata de algo para os rapaces e rapazas con TEA, se non algo para nós, as nais e pais que necesitamos ter un rede de apoio moitas veces para poder seguir loitando polos dereitos das nosas fillas e fillos e que agotanos bastante no dia a dia, o programa chámase " Coidar ao que Coida". Realizaráse un sábado ao mes de 11:30 a 13:30 mentras se fan as actividades de ocio cos rapaces que temos inscritos, e se algunha familia ten necesidade de traer aos seus fillos, poderían quedar cos monitores, sempre avisando con antelación.  Este grupo de apoio ás familias forma parte do Programa de Atención Sociofamiliar da F ederación Autis